Translations:InternetArchiveBot/FAQ/7/gl

From Meta, a Wikimedia project coordination wiki
R: Teña coidado con isto. Está seguro de que o bot está a danar a páxina máis que a axudala? Considere isto, está rachando o formato da páxina realizando edicións disruptivas, ou simplemente etiquetando mal fontes e fornecendo arquivos incorrectos para outras? Se respondeu a primeira, por favor informe disto [$rb coa ferramenta de informe de erros], xa que é un bug que precisa un arranxo. No caso contrario, se está seguro de que as fontes actuais na páxina non se beneficiarán do traballo do bot, ou que terá que realizar máis arranxos tralas edicións do bot, pode incluír $1 no artigo, ou usar $2 nas fontes individuais que o bot vai rachar. Isto fará que o bot non edite a páxina. Isto significa tamén que non se revisarán as ligazóns mortas nese artigo ata que se elimine a etiqueta. Ademais, pode axudar a que o bot sexa máis fiable arranxando datos incorrectos coa [$manage ferramenta de xestión de URLs] e coa [$mud ferramenta de xestión de dominios].